PONTEMPREGO será o Plan Estratéxico do meu goberno para crear emprego
PONTEMPRGO será o proxecto prioritario do meu goberno, con programas e actuacións especificas pero tamén como obxectivo transversal en todas ás áreas de xestión municipal. Neste plan estratéxico contaremos coas asociacións de empresarios, os axentes sociais, as asociacións de comerciantes e hostaleiros, e todos aqueles colectivos que teñan algo que dicir na creación de empregos da nova economía coma poden ser as comunidades de montes, os colectivos ecoloxistas, etc.
Os dous piares fundamentais para a creación de emprego será a aprobación do PXOM e máis concretamente a aprobación do Plan Parcial da Lomba, que dotará a Ponteareas por primeira vez de chan industrial que permitirá o asentamento de empresas de carácter terciario e que respeten a convivencia das zonas residenciais.
O segundo eixo é o CDL, aproveitando ao máximo as súas potencialidades , promovendo e apoiando o emprendemento e estimulando a creación de postos de traballo. Ademáis dos necesarios cursos de formación para deseñados para a inserción laboral efectiva, establecerase un serivicio de sesoramento a emprendedores. Asesoramento profesional e cualificado, a nivel empresarial, financeiro, marketing, internacionalización etc. Asimesmo no comezo inmediato procederase cun programa de Viveiros de empresas, facilitando un espazo físico e un servizo de secretaría e comunicacións a novos emprendedores.
Compartir