Pois claro que deben ser solucionadas estas descompensacións.
Dende EQUO Galicia defenderemos sempre ao sector público para que presten o mellor servizo nas mellores condicións laborais. Ademais os axentes forestais e ambientais de Galicia realizan unha labor incalculable defendendo o noso medio natural, moitas veces non recoñecida polos gobernos anteriores. Creemos que todas esta diferencias de criterios económicos deben ser subsanados e ser recoñecidos os complementos económicos que lle corresponden pola realización dos seus traballos, moitas veces xogándose a integridade física e a propia vida pola defensa do medio ambiente, a loita contra furtivos e demais delincuentes medioambientais.
Compartir