NON SÓ É INADMISÍBEL, PODERÍA TAMÉN SER ILEGAL
María:
Antes de nada, quero agradecerche a túa pregunta e tamén a información que me tes trasladado sobre o tema. Parécenos totalmente discriminatoria a actuación que está a levar a cabo a Administración Educativa cos alumnos das zonas rurais pero, sobre todo, a súa actitude persistente, despois das reclamacións documentadas e xustificadas dos afectados e afectadas, resúltanos incomprensíbel. Non se pode entender que manteñan a súa postura cerril despois de que a propia Axencia Tributaria e a Xerencia do Castastro confirmen, por escrito, que non se pode facer distinción entre unha vivenda habitual ubicada en zona urbana e outra en zona rural, que, nos dous casos, a vivenda habitual e o chan edificado constituen un todo.
Neste sentido presentamos unha iniciativa parlamentar esta mesma semana e agora agardamos a resposta do Goberno sobre este particular.
Saúdos cordiais.
Compartir