¿ANOVA y BNG se van a aliar de cara a las elecciones?
Ez dago galderaren erantzun gehiago
Rosana Pérez Fernández

¿ANOVA y BNG se van a aliar de cara a las elecciones?


Prezado Xose:

 

O Consello Nacional do BNG do pasado sábado, 18 de outubro, decidiu concorrer ás eleccións municipais coa fórmula BNG-Asembleas Abertas.

Como ben saberás, neste últimos meses estivemos realizando un proceso de diálogo ("Construíndo Futuro") con todas aquelas persoas que consideran fundamental a existencia dunha alternativa nacionalista que vaia máis alá de posicións localistas e se insira nunha dinámica de ámbito nacional e que teña a Galiza como eixo central das súas reivindicacións. Este proceso logrou reunir ao longo de todo o país a máis de 6000 persoas en asembleas abertas, das que un 60% foron participantes non afiliados ao BNG, que fixeron interesantes achegas ao noso proxecto.

Agora, mentres as asembleas abertas aínda continúan, iniciamos a fase de elaboración do programa das eleccións municipais e da escolla de candidatos e candidatas, na que contaremos con todas esas persoas que se achegaron ao BNG e coas que queremos contar para as nosas listas. Son persoas independentes, que non militan noutras opcións políticas pero que, nalgún caso, sí o fixeron recentemente.

Polo tanto Xose, a nosa idea é continuar na consolidación do proxecto nacionalista que lle cómpre a Galiza e que outras organizacións políticas, por desgraza, non teñen como obxectivo prioritario.

Moitas grazas polo teu interés e, si aínda non o fixeches, anímote a asistir á asemblea aberta da túa localidade. Alí serás escoitado, poderás facer as túas achegas e participar no noso programa electoral si é o teu desexo.

Saúdos.


  Partekatu
Rosana Pérez Fernández
 Galdera ¿ANOVA y BNG se van a aliar de cara a las elecciones?
Sortzailea
Usuario Anónimo Usuario Anónimo
50 de 50 Apoyos
2014.10.09

Batu zaitez Osoigora

Politikaria bazara eta parte hartzeko interesa baduzu, Jarri harremanetan

Jarri gurekin harremanetan