¿La Consellería no ejecuta la sentencia del TSG, como se posicionan Ud. y su formación política ante este atropello?
Ez dago galderaren erantzun gehiago
Rosana Pérez Fernández

A XUNTA DEBE CONVOCAR NOVO CONCURSO DE TRASLADOS DOCENTE DESPOIS DAS SENTENZAS DO TSXG


Prezada María:

É verdade que este tema é todo un "culebrón" e que ten causado moitos perxuízos aos e ás afectadas que aínda non están resoltos.

En primeiro lugar, estamos a falar de que, como consecuencia de varios recursos interpostos por colectivos docentes, prodúcense, no intervalo de dous meses, tres sentenzas do TSXG sobre o baremo do concurso xeral de traslados convocado pola Consellería de Educación no 2013. A última, a publicada en febreiro deste ano, non vai na liña das dúas primeiras, cando o lóxico sería que se unificaran os fundamentos para que as sentenzas non diferiran nos seus fallos.

Pois ben, os servizos prestados, independentemente da situación administrativa na que se prestaran, deben terse en conta pero non parece razoábel que se consideren os anos de interino/a como provisionais (cuestión que recolle precisamente a sentenza de febreiro). É decir, a puntuación referida á situación de provisionalidade debera considerarse só para os funcionarios e funcionarias de carreira xa que responde a que en diferentes especialidades, unha vez aprobadas as oposicións, permanécese moitos anos sen destino definitivo e  esta sería a maneira de compensar a non adxudicación de destino definitivo con esa puntuación.

Despois de que o TSXG dictou as sentenzas que pendían sobre o concurso de traslados de 2013 e despois de que emitise aclaración, entendemos que a administración educativa galega debe proceder a evitar máis perxuizos ao funcionariado en todo este proceso e, en base á lexislación vixente e coa máxima dilixencia e celeridade, proceder á convocatoria dun novo concurso de traslados.

Saúdos cordiais.

 


  Partekatu
Rosana Pérez Fernández
 Galdera ¿La Consellería no ejecuta la sentencia del TSG, como se posicionan Ud. y su formación política ante este atropello?
Sortzailea
María María María María
57 de 50 Apoyos
2015.03.03

Batu zaitez Osoigora

Politikaria bazara eta parte hartzeko interesa baduzu, Jarri harremanetan

Jarri gurekin harremanetan