¿Los Presupuestos Generales incumplen con Galicia?
Ez dago galderaren erantzun gehiago
Rosana Pérez Fernández

¿Los Presupuestos Generales incumplen con Galicia?


Prezada Rebeca:

Efectivamente, os orzamentos xerais do Estado (OXE) para 2015 claramente volven a incumprir con Galiza.

Para comezar, van seguir empobrecendo ás maiorías sociais: 5º ano consecutivo de conxelación dos salarios das traballadoras e traballadores públicos; práctica conxelación das pensións que só se incrementan no mínimo legal do 0,25%, é decir, 1,5 euros mensuais nunha pensión media; nova regresión nas políticas sociais, a comezar pola redución da dotación (outra vez) para o Ministerio de Sanidade nun 5,6% ou o programa de servizos sociais da Seguridade Social para persoas con discapacidade nun 6,2% e a conxelación da partida de becas e axudas de carácter xeral do Ministerio de Educación; o patrón ou modelo de crecemento segue a ser o mesmo, baste decir que as políticas relativas a I+D+I privilexian a obsesión armamentística do Goberno e, polo tanto, increméntanse as partidas do Ministerio de Defensa neste sentido mentres que os programas de fomento e coordenación da investigación científica e técnica redúcense nun 1,5% e os de investigación e desenvolvemento tecnolóxico-industrial nun 1,4%.

En definitiva, o problema non é a falla de recursos senón a que decide destinalos o Goberno do PP. É bó lembrar que nos últimos 3 anos, mentres se producen recortes sociais brutais, o Ministerio de Defensa incrementou as partidas para programas de armamento en más de 3.500 millóns de euros, sempre fóra de orzamento por medio de aprobación de cretos extraordinarios. Isto, ademais, é un engano á cidadanía: No documento inicial, Defensa aparece cun orzamento reducido pero, ao longo do ano, increméntase estratosfericamente convertindo o aprobado en "papel mollado".

Este deseño afecta gravemente a Galiza, onde, ademais, preténdese facernos crer que somos os máis premiados en investimentos polos OXE. É falso, o AVE Olmedo-Lubián-Ourense non é unha infraestrutura unicamente para Galiza. Para 2015 están previstos 578,1 millóns de euros, cantidade moi similar á deste 2014 (571,3) pero que o propio Goberno recoñece no documento orzamentario que só se executaron 353,4. É decir, unha maquillaxe, un auténtico artificio orzamentario, outro engano.

Mentres adican o groso do investimento á conexión do AVE Madrid-Galiza, as liñas interiores quedan totalmente abandonadas e non se recolle a prolongación do Eixo Atlántico ata Ferrol. Centos de kilómetros de estradas de titularidade estatal van volver quedar sin tocar e, a principal vía alternativa á carísima AP-9, A N-550 A Coruña-Tui, apenas vai ser rebacheada. O BNG presentou unha emenda para que se leve a cabo unha remodelación integral desta importantísima estrada por 15 millóns de euros.

Tampouco se fala nada do sanemento das rías (a destacar a ría do Burgo, que leva anos agardando unha profunda e necesaria actuación) nin da dinamización dos nosos principais sectores produtivos (pesca, sector leiteiro, agro-gandeiría). E a todo isto temos que engadir que o que nos queda de sector naval público na comarca de Ferrolterra está en serio perigo polas últimas decisións do Goberno de traspasalo ao Ministerio de Defensa.

En fin, podería continuar pero, en definitiva, estamos a falar duns orzamentos que consolidan o empobrecemento social, que esquecen os verdadeiros problemas de Galiza e das galegas e galegos e que volven beneficiar aos de sempre (reforma fiscal do PP que beneficia ás rendas altas, etc.).

Agardo que, aínda que un pouco longa, sexa clarificadora esta explicación. Moitas grazas pola túa pregunta.

 


  Partekatu
Rosana Pérez Fernández
 Galdera ¿Los Presupuestos Generales incumplen con Galicia?
Sortzailea
Usuario Anónimo Usuario Anónimo
54 de 50 Apoyos
2014.10.17

Batu zaitez Osoigora

Politikaria bazara eta parte hartzeko interesa baduzu, Jarri harremanetan

Jarri gurekin harremanetan